GRAN PARTICIPACIÓN DOS NOSOS NOS TORNEOS DE SEMANA SANTA
Boas actuacións de tódolos nosos representantes nos torneos de Semana Santa, na que destaca a victoria do Benxamín A en Bayona
Éxito de resultados e de imaxen dos equipos da escola nos torneos de Semana Santa.
En Gondomar tocoulle ós máis cativos, que disfrutaron dunha tarde cargada de partidos e unha organización sobresainte. No que a resultados se refire non nos acompañou a sorte, non conseguindo a clasificación á fase final con ningún representante. Salientar os minis, que quedaron fora na fase de grupo cun inxusto gol no último minuto do derradeiro encontro.
No torneo do Erizana a outra cara da moeda, o pre A conseguiu acadar a final, e soamente un comenzo dubitativo nos privou da victoria final, cun resultado de derrota por 3 - 2. Pola súa banda, en benxamíns, unha inmaculada xeira deunos o título de campións do torneo, derrotando na final ó poderoso Ribera
A expedición á Arousa Cup deixará un recordo imborrable na memoria de tódolos nenos e maiores que tivemos a sorte de participar, disfrutando dun fin de semán de diversión e competición que deixou ó Alevón A como mellor clasificado, sendo derrotado polo Quirinal, que foi un dos finalistas.
Os infantiles xogaron 3 bós encontros ó xoves en Moaña ante posibles rivais da fase de ascenso a gallega, demostrando que estamos ó nivel, e que este ano, é posible.
Noraboa a xogadores, técnicos e familias pola colaboración e fair play do que fixemos bandeira en tódalas sedes. Agora toca o sprint final de tempada, moita sorte a todos e ... ¡AUPA VILA DO CORPUS!