A ASOCIACIÓN DEPORTIVA VILA DO CORPUS F.C. é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas e deportistas de Galicia.
O principal órgano de goberno da entidade é a ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS. Cada ano celébrase unha Asemblea Ordinaria, onde se tratan os puntos da orde do día establecidos pola Ley Xeral do Deporte de Galicia e polos estatutos da entidade. Ademais da Asemblea Xeral Ordinaria, pódense celebrar Asembleas Extraordinarias para debatir e aprobar os asuntos máis relevantes para a entidade.
Para poder participar nas Asembleas, é imprescindible ter a condición de socio. Pódese formular a solicitude descargando impreso e presentándoo cumplimentado e firmado na oficina do Club. A cuota de socio establecea a Asemblea Xeral, actualmente é de DEZ (10,00 €) euros anuais.
É fundamental a participación de todos aqueles que vos sintades implicados na entidade, para poder levar a cabo a toma de decisións co maior consenso posible.
PARTICIPA, COLABORA...¡FAITE SOCIO!
Patrocinadores
Publicidad