A ASOCIACION DEPORTIVA VILA DO CORPUS nace como consecuencia da unión entre as duas escolas de fútbol que desenrolaban esta actividade nos últimos anos no concello de Ponteareas: PONTEAREAS C.F. e ASOCIACION DEPORTIVA O CONDADO F.C.
Esta nova entidade, representa a continuidade da labor que durante anos levaron a cabo a prol do fútbol base en Ponteareas os dous Clubs que lle deron orixe, polo que a sua principal tarefa continuará sendo promocionar a práctica deportiva entre os nenos e nenas da nosa bisbarra.
Para o desenrolo das suas actividades, a ASOCIACION DEPORTIVA VILA DO CORPUS F.C. utiliza o campo de fútbol de Angoares (Ponteareas), donde se ubica a sua sede, e as instalacións do complexo deportivo municipal de Pardellas.
Na actualidade, o Club conta cunha escola de fútbol composta por 21 equipos e un equipo de categoría senior femenino. En total 22 equipos e 400 deportistas conforman esta nova entidade.
Como compensación ao traballo realizado en tempadas anteriores polos integrantes dos dous clubes, a ASOCIACION DEPORTIVA VILA DO CORPUS F.C., disfruta de equipos na máxima categoría de fútbol 7, de un equipo Infantil en primeira autonómica e de un equipo Cadete en liga galega.
Ademais da práctica do fútbol, na Asociación Deportiva VILA DO CORPUS. tratamos de fomentar os valores persoais que deben estar presentes en todos os rapaces e aplicalos na súa vida persoal e deportiva. As habituais actividades paralelas que se organizan neste senso veñen confirmar a importancia que dentro desta Asociación se lle dá á formación dos nenos e nenas como futbolistas pero, sobre todo, como persoas.
Patrocinadores
Publicidad