A ASOCIACION DEPORTIVA VILA DO CORPUS F.C., conta na actualidade con máis de VINTE equipos de fútbol, repartidos nas modalidades de Fútbol 7, Fútbol 11 e Feminino, onde participan preto de 400 xogadores/as, sendo unha das entidades máis representativas do fútbol base en Galicia.
Para os adestramentos e partidos utilizamos as instalacións Municipais de Pardellas e o Campo de fútbol de Angoares (sede da entidade). Ambos os dous campos son de herba sintética.
Tratamos de combinar a actividade principal de práctica deportiva con outras actividades complementarias, que axuden a completar a formación dos nenos como xogadores e como persoas.
Se che gusta facer deporte e particularmente xogar ao fútbol, podes inscribirte descargando o impreso e presentándoo, cumplimentado e firmado, nas oficinas do Club ubicadas no campo de fútbol de Angoares. O horario da oficina é: Martes e Mércores de 17:30 a 21:00 h.
VEN E COÑÉCENOS...¡INSCRÍBETE XA!
Patrocinadores
Publicidad