A Escola Vila do Corpus participará no "mundial de fútbol base"
Un equipo representante en categoría Alevín e outro na de Benxamíns da escola Vila do Corpus, asistirán ó prestixioso torneo FAIR PLAY CUP 2012 (Elche), conocido como o mundial de fútbol base, pola procedencia e categoría dos seus participantes
Torneo Fairplay cup 2012
A escola de fútbol Vila do Corpus desplazarase o dia 4 de Decembro ata Elche para participar cos seus equipos Benxamín e Alevín no torneo que se celebrará na localidad Alicantina os días 6,7,8 e 9 de Decembro.
O torneo celébrase na modalidade de fútbol 7 e está considerado como o campionato do mundo de fútbol base polo nivel, procedencia e pola categoría dos equipos participantes. A nosa escola foi convidada e ata ala viaxarán 14 xogadores por equipo mais os entrenadores así como un representante do club. O autobús partirá da nosa localidade o martes dia 4 e nel tamén viaxarán acompañantes e familiares dos xogadores e técnicos.
O trofeo Alevín o disputarán 32 equipos de todo o mundo repartidos en 8 grupos de 4 equipos cada un. O noso representante terá que enfrentarse ó Real Madrid, Alboraya (Valencia) e ANEF Elche (Alicante).
Na categoría Benxamín disputarano 26 equipos de todo o mundo repartidos en 6 grupos de 4 equipos cada un. O noso representante terá que enfrentarse á Juventus de Turín (Italia), ANEf Elche (Alicante)e Brave Elche ((Alicante).
Destacar que o torneo contará coa presencia da canle Marca TV e o partido Real Madrid- Vila do corpus de categoría Alevín será retransmitido en directo o xoves ás 16:00.
Ademais das deportivas, os nenos e acompañantes terán a oportunidade de disfrutar de actividades formativas, divulgativas, culturales, talleres, etc, durante a sua estancia neste prestixioso torneo.
Adxuntamos o calendario e equipos da categoría Alevín e benxamíns
Mais información en http://fairplaycup.com/