Espectaculares resultados na Copa Sálvora, onde un ano máis a escola demostra que Ribeira é terreo amarelo
Déixamos a crónica que nos mandan dende a organización
Logo dun fin de semana trepidante con máis de 24 horas de fútbol en estado máximo, na tarde do domingo decideuse quen sería o novo campeón da Copa Sálvora 2012.
O C.D Boiro na categoría alevín, sería o flamante campeón. O clube boirista amosouse superior a todos os seus rivais, agás na final contra o Vila de Corpus, donde o equipo de Ponteareas non llo pondría fácil, ao remate do tempo reglamentario o equipo boirista gañou por 3-2.
Na categoría Benxamín a S.D Abanqueiro gañaría nun partido moi disputado ao Sálvora C.F. O equipo franximarelo se adiantaría no marcador mediante Jaime, logo dunha boa xogada e espectacular definición. Empataría o Abanqueiro mediante un maxistral lanzamento de libre directo. Xa na segunda parte o equipo azulón adiantaríase no marcador, con outro golpe de castigo que subiría o definitivo 2-1 ao marcador final.
Na menor das categorías, o Cordeiro C.F levaríase o campeonato por 2-4 fronte o Vila de Corpus, nunha final con moitas oportunidades para ambos conxuntos e donde gañou aquel que estivo máis acertado cara o gol.
No apartado de premios individuais, destacar que o trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro levaríao Sergio Rey do Sálvora na categoría Prebenxamín, Lois Romero na categoría Benxamín e David Bonenfat do Boiro.
Como máximos goleadores Alejandro Comparada do Cordeiro con 19 goles, Jesús Ares con 8 goles en Benxamíns e Nicolás Rodríguez en Alevín.
Por último, o Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora, recaería en Inés Faro Gómez, xogadora Alevín do Vila de Corpus. Inés demostrou ao longo do torneo unha exquisita calidade técnica, un bo xogo no colectivo e un gran liderazgo dentro do equipo.